A illa de Lampedusa é o punto máis meridional de Italia, que desde 1990 se converteu nun lugar masivo de desembarco de inmigrantes ilegais procedentes de terras africanas.
Para público en xeral
Dende o 14/12/2017 ata o 16/12/2017
Xa rematou
Xoves 20.15 h, venres 20.15 e 22.45 h, sábados 17.15 e 20.15 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3,00 euros (Carné Xove, 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)
Sesións das persoas espectadoras: venres 22.45 e sábados 17.15 h. Prezo único: 1,50 euros
981 184 293
En pouco máis de 20 anos, máis de 20.000 persoas afogaron durante a travesía para alcanzar o que para moita xente supón a vía de entrada a Europa, e que lles debería permitir escapar da guerra e da fame. Samuel vive na illa, ten 12 anos, vai á escola, gústalle tirar coa fonda e ir de caza. Gústanlle os xogos de terra, a pesar de que todo ao seu redor fala do mar e dos homes, mulleres e nenos que intentan cruzalo para chegar alí.
De Gianfranco Rosi
Con Pietro Bartolo e Samuele Caruana
Italia, 2016 - 109 min (VOS) Formato: Blu-ray
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS
- Venda anticipada: en conserxería, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h; sábados das 10.00 ás 13.00 h
- Venda no despacho de billetes: desde media hora antes de cada pase
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible