13 e 14 de xuño de 2026 - Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Castro de Elviña
Para público en xeral
Dende o 13/06/2026 ata o 14/06/2026
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
PROGRAMA
1 Visitas guiadas ao Castelo os días 13 e 14 de xuño
Percorrido polo Castelo e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico
- Horario: 12.00 h
- Duración: 1 h 30 min
- Público: adulto
- N.º de prazas: 25
- Reservas: chamando ao 981 189 850 desde o martes día 9 de xuño, ás 10.00 h, ata o venres 12 de xuño, ás 10.00 h
2 Visita guiada ao Castro de Elviña, o domingo 14 de xuño
- Horario: 12.00 h
- Duración: 1 h 45 min
- Público: adulto
- Reservas: chamando ao 981 189 850, desde o martes 9 de xuño, ás 10.00 h, ata o venres 12 de xuño, ás 10.00 h
3 Obradoiros infantís de Arqueoloxía no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón
3.1 Pensar coas mans: a cerámica é, sen dúbida, un dos grandes avances da prehistoria. Achegámonos ás súas orixes para descubrir os diferentes usos e tamén a evolución das técnicas de produción. Por último, observaremos os restos conservados na exposición do Museo, para falar da decoración e das formas empregadas como referencia para crear o noso pote castrexo.
- Data: 13 de xuño de 2026
- Hora: 11.45 h
- Inscricións: a partir do 9 de xuño, ás 10.00 h, e ata o 12 de xuño, ás 10.00 h
https://ticketing.coruna.gal/arq/arq-art-27/
- Prezo: gratuíto
3.2. Rock Art: Que é un petróglifo? Que representan? De que época son? Aprenderemos todo sobre eles a través dos exemplos que podemos ver no museo, e coñeceremos algúns métodos tradicionais para a súa reprodución. Despois faremos unha copia grupal dun dos petróglifos que forman parte da exposición, e cada un traballará na creación do seu propio petróglifo.
- Data: 14 de xuño de 2026
- Hora: 11.45 h
- Inscricións: a partir do 9 de xuño, ás 10.00 h, e ata o 12 de xuño, ás 10.00 h
https://ticketing.coruna.gal/arq/arq-art-26/
- Prezo: gratuíto
4 Obradoiros infantís de Arqueoloxía no Castro de Elviña
- Duración aproximada: 1 h 30 min
- Idade: de 6 a 12 anos
- Prazas en cada obradoiro: 20
4.1 Arqueoloxía en acción!: a través dunha escavación simulada, as nenas e nenos poderán achegarse ao traballo arqueolóxico. Descubrirán obxectos vinculados co xacemento de Elviña e coñecerán as formas de vida dos habitantes do castro. Ademais, faremos un pequeno percorrido polo xacemento para descubrir as estruturas que foron quedando á vista despois das diferentes campañas de escavación
- Data: 13 de xuño de 2026
- Hora: 17.00 h
- Inscricións: con reserva previa, a partir do 9 de xuño, ás 10.00 h, e ata o 12 de xuño, ás 10.00 h
https://ticketing.coruna.gal/arq/accion26/
- Prezo: gratuíto
4.2 Rastrexando Elviña: no traballo arqueolóxico, como sabemos onde escavar? Como delimitar o espazo? Que ferramentas se empregan? Faremos un percorrido dinámico polo castro de Elviña que lle permitirá ao grupo achegarse ao labor arqueolóxico e coñecer os traballos previos de prospección, a preparación do terreo e os traballos de gabinete que permiten coñecer as historias dos muros e dos obxectos. Durante o percorrido, terán que ir completando unha serie de probas grupais para descubrir os segredos que se esconden en Elviña.
- Data: 14 de xuño de 2026
- Hora: 17.00 h
- Inscricións: con reserva previa, a partir do 9 de xuño, ás 10.00 h, e ata o 12 de xuño, ás 10.00 h
https://ticketing.coruna.gal/arq/rastrexando-26/,
- Prezo: gratuíto
5 Obradoiros de experimentación para persoas adultas no Castro de Elviña
5.1 Arqueoloxía de campo: durante a actividade, abordaranse todas aquelas tarefas que realizan os equipos de Arqueoloxía para coñecer en detalle as actividades previas e posteriores ás escavacións. A través dun percorrido práctico e participativo, descubriremos como se realiza unha prospección, a razón das catas, a importancia do debuxo arqueolóxico, que son as unidades estratigráficas, como se clasifican e rexistran os materiais..., unha multitude de tarefas que nos achegarán ao labor arqueolóxico.
- Data: 13 de xuño de 2026
- Hora: 19.00 h
- Inscricións: con reserva previa a partir do 9 de xuño, ás 10.00 h, e ata o 12 de xuño, ás 10.00 h
https://ticketing.coruna.gal/control/event/arq/arqadultos-26/
- Duración: 1 h 30 min
- Prazas: 20
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible