Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro de Claudia Faci para o espectáculo "Vida laboral"

Ata que punto somos aquilo ao que dedicamos a maior parte das nosas vidas?

A quen vai dirixido?:

Poden participar homes maiores de 60 anos, xubilados ou preto de selo, con ganas de compartir inquietudes, dar renda solta á imaxinación e participar nunha proposta escénica concibida con e para eles a partir dos materiais que se xeren no taller.

 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/04/2016 ata o 21/04/2016

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/03/2016 ata o 14/04/2016

A través do teléfono 981 189 888 ou enviando un correo electrónico a agora@coruna.es (achegando os datos persoais e teléfono de contacto)

Horario:

días 11, 12, 13, 14, 18 e 19 no Teatro Rosalía Castro de 16.30 a 19.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Documentos:

+ info (86 KB)

Este taller propón, por unha banda, unha reflexión conxunta sobre as cuestións que se formulan ao mirar con perspectiva o papel que desempeñamos na nosa sociedade a través do oficio: como aquilo ao que nos dedicamos influíu e, eventualmente, modificou a contorna na que se desenvolveron as nosas vidas. A que estado de cousas contribuímos coa nosa actividade profesional; que función cumprimos dentro da máquina que nos contén e á vez somos; que mundo imaxinabamos estar a construír coa nosa tarefa cotiá e como responde aquel que, unha vez xubilados, exímenos oficialmente da responsabilidade de servilo, de producir, de seguir traballando. E por outro, habilita un espazo no que, tanto os nosos dons naturais como os nosos desexos, serán xestionados con toda a liberdade que sexamos capaces de tomarnos como equipo, como grupo de persoas que se xuntan co obxectivo de ofrecer a outras unha experiencia estética.

Compañía: Claudia Faci en colaboración con Raquel Sánchez

 

Prazo de inscrición: desde o 14 de marzo ata o 14 de abril por orde de inscrición

A través do teléfono 981 189 888 ou enviando un correo electrónico a agora@coruna.es (achegando os datos persoais e teléfono de contacto)

Número de participantes: ata un máximo de 15

Lista de espera: ata un máximo de 20 persoas

Representación: no Teatro Rosalía Castro o día 21 ás 20.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión