A peza "Polo plan..." pon diante das persoas espectadoras a relación home-muller nunha sociedade na que aínda se mantén o predominio do varón e o abuso que este exerce sobre o xénero feminino.
Para público en xeral
29/11/2019
Xa rematou
20:30 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Recadación de alimentos non perecedoiros a favor do banco de alimentos.
Trotaconventos
A trama tamén descobre a diferenza que existe entre o papel que algúns homes de prestixio desenvolven na súa familia, ou no medio máis próximo que os rodea, e o que realmente xogan cando se consideran a salvo de seren postos en evidencia diante da sociedade na que viven.
O contrapunto aparece na peza da man doutras persoas de menor rango, que tamén desfilarán polo escenario: as serventas dunha mansión, unha camareira, un chofer, a conserxe dunha facultade universitaria, unha azafata de congresos etc.
Estas persoas, ademais de desempeñar o seu propio papel na peza, coas súas contradicións, desvelarán as trécolas que argallan os que elas chaman "abusadores", para saíren libres das súas malfeitorías.
Finalmente, a conversa de dúas empregadas da mansión co chofer dos señores poñerá un remate inesperado á historia que se representa.
Actúan:
Dirixe:
Carlos Freire
Coordinan:
Jacobo Lobeiras (luz e son)
Vicky López (escenografía e decorados)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible