Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller formativo sobre observación da eclipse solar

A actividade está dirixida a profesorado, técnicos de cultura e profesionais de atención sociocultural

A quen vai dirixido?:

Profesorado, persoal técnico de cultura e profesionais de atención sociocultural

A quen vai dirixido:

Otro tipo de público

Cando:

Os días 26/03/2026, 16/04/2026, 30/04/2026, 14/05/2026, 21/05/2026

Inscricións:

Prazas dispoñibles para as sesións de abril e maio. Inscricións neste formulario

Horario:

Das 17.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Número de prazas:

20 prazas por sesión

Prezo:

Gratis

Organiza:

Casa das Ciencias en colaboración coa Agrupación Astronómica Ío

O próximo 12 de agosto será posible ver desde A Coruña unha eclipse total de Sol, un evento excepcional e único para o que é importante prepararse con antelación. Para favorecer que a cidadanía coruñesa poida observar da maneira máis adecuada e segura esta eclipse, a Casa das Ciencias en colaboración coa Agrupación Astronómica Ío organiza talleres sobre a observación de eclipses dirixidos a profesorado, persoal técnico de cultura e profesionais de atención sociocultural, co obxectivo de que despois lles poidan transmitir a outras persoas o que se aprenda.

Haberá cinco talleres, que terán lugar en horario das 17.00 ás 19.00 horas os seguintes días: 26 de marzo, 16 e 30 de abril, 14 e 21 de maio. A actividade comezará cunha sesión no planetario, onde se explicará a xeometría das eclipses e se indicarán os mellores lugares para ver a próxima eclipse do 12 de agosto dende A Coruña e os seus arredores. A segunda parte da actividade terá lugar na sala de actividades do museo, situada no seu edificio xunto á fonte da bóla dentro do parque de Santa Margarida, onde se abordarán as dúbidas das persoas participantes e se construirá unha cámara escura cunha caixa de cartón, instrumento que permite observar calquera eclipse de Sol con total seguridade para os nosos ollos.

Esta actividade é gratuíta e para participar só será necesario preinscribirse a través deste formulario en liña a partir das 9.00 horas do mércores 18 de marzo. Todo o material necesario para participar no taller subministrarao o museo.

A Casa das Ciencias programará máis adiante outras actividades sobre a observación da eclipse abertas á cidadanía en xeral.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión