Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

As bibliotecarias contan: Un becho estraño

As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa, por mor da actual circunstancia, nesta ocasión en modalidade virtual. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.

Tipo de actividade:

Contacontos

Cando:

17/07/2020

Este evento xa rematou

Inscricións:

Actividade en liña, acceso dende as distintas redes sociais: twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan

Horario:

Ás 11horas

Hashtag:

##asbibliotecariascontan

"Un becho estraño", un conto de Mon Daporta, ilustrado por Oscar Villán publicado pola editorial Kalandraka.

Un becho estraño é un libro de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados contos sen fin. Un conto para contar, no que son fundamentais a rima e o ritmo.

Malia a súa sinxeleza dende o punto de vista literario e artístico, este libro destaca polo "xogo" que dá cos nenos e nenas, que descubrirán con el a función lúdica da lectura. Porque pasando as páxinas ata o final e dándolle a volta ao conto... Mira que mira mirando, atopei un becho estraño...

A cita será todos os venres ás 11:00 no Instagram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna e na nosas redes sociais twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan

+ info no blog das salas infantis.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión