Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Bebencontros

Tipo de actividade:

Bebeteca

A quen vai dirixido?:

Bebés 0 a 24 meses / Familias

Require inscrición

De outubro a maio. Semanal

En que consisten os bebencontros?

Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstraselles aos pais e ás nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos,... nestas primeiras idades.

Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios e bebés escóitanse, míranse e manipúlanse libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.

Quero ver o calendario anual de sesións

Como participar

  • Para poder participar nos bebencuentros requírese unha inscrición previa.
  • O prazo de inscrición ábrese unha semana antes da actividade ás 10:00 horas.
  • As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición

    Onde e cando

    Biblioteca0 a 12 meses6 a 24 meses13 a 24 meses0 a 24 mesesPrazasFrecuencia
    Biblioteca Ágorasábados 11h12Mensual
    Biblioteca Fórum Metropolitanosábados 18hsábados 18h6Mensual
    Biblioteca Durán Loriga*
    Biblioteca Vos Rosalessábados 11.30h15Mensual

    *Sen sesións ata o curso 2020/2021

    Moi importante

    Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levarvos a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Feixe da lectura compartida un membro máis da túa familia.

    Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.

    Documentos:

    Calendario dos Bebencontros (119 KB)

    Últimas entradas no blog

    Para ter en conta

    No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

    Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

    Buscador de actividades

    Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

    Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión