Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cociña sustentable con todo o sabor do mar. Iván Domínguez - Festival Mar de mares

Lugar: restaurante Alborada. Para unha cociña sustentable é imprescindible elixir o peixe de proximidade, de tempada e que respecte as medidas mínimas

A quen vai dirixido?:

Público xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/09/2016

Xa rematou

Horario:

10.00 a 12.00 h

Prezo:

Actividade gratuíta tras a previa inscrición

Eses son os criterios que priman na afamada cociña atlántica de Iván Domínguez, director gastronómico do Grupo Alborada, gañador dunha estrela Michelín no seu establecemento da Coruña. Este taller de cociña, conducido por Domínguez no seu establecemento, está dirixido a toda persoa afeccionada que estea interesada en ampliar os seus coñecementos para elaborar suculentos pratos mariñeiros da maneira máis eficiente e sustentable aplicando, tamén na cociña, os criterios de redución. Unha ocasión única para lembrar, entre pucheiros, a importancia que como cociñeiros e consumidores temos á hora de contribuír á saúde dos mares.

A actividade conta co apoio de SOGAMA, que editou un receitario de cociña "Aprovéitate do que che sobra" dispoñible aquí e ofrece interesantes recomendacións sobre como evitar os desperdicios alimentarios na web www.aproveitatedoquechesobra.es.

Inscrición:

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión