Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cocorico da compañía Katua&Galea Teatro

Teatro de monicreques

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/12/2022

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

18:00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €

Abono familiar (3 entradas para a mesma función: 15,00 €) * O abono familiar só pode comprarse no despacho de billetes da pza. de Ourense e no despacho de billetes do Fórum Metropolitano o día da función (se quedan entradas dispoñibles).

Menores de 3 anos: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

forum@coruna.es

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día, Mamá Galiña vai facer un biscoito e o pitiño ofrécese a ir buscar leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere comer pero Cocorico consegue salvar a súa vida prometéndolle a metade da merenda. Pasado o perigo, o larpeiro de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro.

A mamá enfádase: "Vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado!" Entón óese un ruído na porta. É Gato Pelado que vén pola súa metade de biscoito!

Unha adaptación do libro homónimo «Cocorico» da autora Marisa Núñez e a ilustradora Helga Bansch, un dos títulos máis vendidos da editorial OQO, referente no mundo da literatura infantil. O libro é unha adaptación dun conto popular birmano con todos os ingredientes e respectando a dramaturxia do conto tradicional.

Un espectáculo colorido cheo de personaxes entrañables. Os monicreques, a iluminación e a banda sonora fan desta historia un éxito imprescindible para o público familiar, un espectáculo cheo de pequenos detalles con toques de humor e claras referencias ao cinema de animación infantil.

Estas son as cancións de "Cocorico" compostas e interpretadas por Chloé Bird e escritas por Raúl Vacas.

ESCOITA A BANDA SONORA ORIXINAL AQUÍ

Público: infantil - familiar a partir de 4 anos

Duración: 55 minutos

Xénero: teatro de monicreques

Idioma: castelán

Dirección: David Galeano

Axudante de dirección: Raúl Vacas

Creación: David Galeano e Pilar Borrego

Texto orixinal do conto: Marisa Núñez

Adaptación do conto: Katua&Galea Teatro

Actores e manipuladores: Pilar Borrego e Alfonso Peña

Substitucións: David Galeano e Víctor Cerdeira

Deseño e construción de monicreques: Alejandro Lucas

Deseño de escenografía: Eusebio San Blanco

Música orixinal: Chloè Bird

Narración e atmosferas: Pau de Nut

Textos e cancións: Raúl Vacas.

Iluminación e son: Alberto Gómez e Rubén Manchado

Produción: Katua&Galea Teatro

Materiais pedagóxicos: Israel Hergón

Deseño de publicidade: Patricia Sánchez

Fotografía: Tom Nogueiras

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Venda de entradas

  • Despacho de billetes da pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)
  • Venda en liña: ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión