Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falando a boca chea 2022

Falando a boca chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/04/2022 ata o 30/04/2022

* Inicio de vendas o luns 21 de marzo ás 10.00 h

Xa rematou

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo das entradas:

Venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00 €. Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.

Venda de entradas a través da web https://ataquilla. com; no Despacho Central de billetes da praza de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h. E no despacho de billetes do Fórum, unha hora antes de cada función (se quedan entradas dispoñibles).

  • Os espectáculos gratuítos no vestíbulo do Forum, serán con entrada libre ata completar a capacidade.
  • Os espectáculos gratuítos na Biblioteca Infantil serán con convite, con inscrición previa a través da páxina web das Bibliotecas Municipais.

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Contacto:

forum@coruna.gal

  • 26 de abril - Inauguración do festival - CANCELADO

Grupo amador de narración oral Cédoche a palabra, Historias de vida e alumnado do concurso de monólogos do SME

Vestíbulo do Fórum Metropolitano ás 19.00 h.

Entrada libre ata completar a capacidade.

  • 27 de abril - Cris de Caldas "Un feixe de contos"

Un espectáculo para todos os públicos

Vestíbulo do Fórum Metropolitano ás 19.00 h

Entrada libre ata completar a capacidade.

  • 27 de abril - Oswaldo Digón "Outra movida"

Poucos textos poden mellorar o que para min é o mellor chiste da historia:

"Dous borrachos están na barra dun bar e dille un ao outro: A túa cara sóame de algo.

Home... somos irmáns...

Non... doutra movida!! "

Auditorio do Fórum Metropolitano ás 20.30 h

* Prezo das entradas: venda anticipada (ata as 23.59 h do día anterior á función): 5,00 €.

Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.

  • 28 de abril - Charo Pita

Sesión para nenos e nenas de 2 a 4 anos

Biblioteca do Fórum ás 17.30 h

Entrada con invitación

  • 28 de abril - Charo Pita "Baixo a lúa ás"

A lúa está sempre aí observándonos coas súas mil caras. Coñece as historias dos corpos que se abalan nas sombras, as alegrías e os medos, os soños que os desvelan. A mirada, o silencio e, como non, a palabra son as protagonistas dalgún destes relatos de tradición oral procedentes de distintas partes do mundo, outros da propia narradora, para gozar das noites de lúa...

Vestíbulo do Fórum Metropolitano ás 19.00 h

Entrada libre ata completar a capacidade.

  • 28 de abril - Quico Cadaval

Quico Cadaval é unha vella gloria da arte de contar contos neste país. Partindo dunhas historias escoitadas na infancia e unha vocación de ocupar espazo teatral, participou nos anos noventa do século pasado da variedade de contadores de historias, charlatáns e lingoreteiros. A arte de contar historias pasou dos campos aos bares, e de aí das universidades aos teatros.

* Prezo das entradas: venda anticipada (ata as 23.59 h do día anterior á función): 5,00 €.

Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.

  • 28 de abril - Raquel Queizás "Palabras na boca"

Pasei a miña infancia escoitando as lendas que contaron as pedras de tempos máxicos e remotos. Palabras na boca da miña nai, palabras na boca da miña avoa, palabras que me alimentaron e me fixeron crecer.

Deambulando entre historias vividas e lidas namoreime. Palabras na boca traio para compartir e crear relatos coa miña voz... e coas miñas mans.

Sesión para nenos e nenas de 2 a 4 anos

Biblioteca do Fórum ás 17.30 h

Entrada con invitación

  • 28 de abril - Raquel Queizás

Un espectáculo para todos os públicos

Vestíbulo do Fórum ás 19.00 h.

Entrada con invitación

  • 29 de abril - Paula Carballeira "Contos que me contaron"

Cando era meniña non me contaron moitos contos, pero si me abriron as portas a moitas intrigas que me fixeron buscar as historias onde podía: nos libros, nas voces das persoas que coñecía ou descoñecía. Despois de dedicarme á narración oral como profesión, oficio artístico, dende hai máis de vinte anos, descubrín que os contos veñen a min. Son contos que comparten as persoas que precisan lembrar e que queren que lembremos, que falan de quen somos, de onde vimos. Dalgún xeito, responden as grandes preguntas, gardan os misterios, perseguen facerche sorrir, rir, pero, sobre todo, buscan facernos sentirnos a gusto, en boa compaña.

Auditorio do Forum ás 20.30 h

* Prezo das entradas: venda anticipada (ata as 23.59 h do día anterior á función): 5,00 €.

Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.

  • 30 de abril - Ramiro Neira "Feirantes"

O espectáculo realmente é un monólogo ao máis puro estilo "Stand Up Comedy" con textos doutros "Feirantes" de Álvaro Cunqueiro.

Un espectáculo para todos os públicos

Vestíbulo do Forum ás 19.00 h 

Entrada libre ata completar a capacidade.

  • 30 de abril - María Pontragha "Coa palabra na boca"

A través da palabra e a música de tradición oral percorreremos historias que falan da xente común. Protagonistas de historias de amor, de liberdade e de desobediencia, porque somos un pobo que discrepa e temos unha peculiar forma de enfrontarnos á vida e á morte.

Auditorio do Fórum ás 20.30 h

* Prezo das entradas: venda anticipada (ata as 23.59 h do día anterior á función): 5,00 €.

Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de función desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11:00 h a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión