Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Io sono l´amore" de Luca Guadagino

A familia Recchi pertence á gran burguesía industrial lombarda. Viven en Milán, nunha luxosa casa, chea de espellos, flores, cortinas, pero as relacións entre eles son frías e distantes.

Cando:

Dende o 06/11/2014 ata o 08/11/2014

Xa rematou

Horario:

- xoves 6 de novembro 20.15 h

- venres 7 de novembro 20.15 e 22.45 h

- sábado 8 de novembro 17.15 e 20.15 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 2 euros)

Sesións do espectador: venres 22.45 e sábado 17.15 h. Prezo único: 1,50 euros.

Documentos:

Programación novembro Sala Marilyn Monroe (1 MB)

Eduardo Tancredi, a súa muller Emma (Tacha Swinton), unha inmigrante rusa plenamente integrada na cultura milanesa, os seus fillos Elisabetta, Edoardo e Gianluca, os compañeiros e prometidos destes e os avós compoñen o círculo familiar. Entre luxosos salóns e espazosos xardíns ten lugar a sucesión e entrega do negocio familiar e a súa consolidación. O novo cociñeiro Antonio, completamente alleo a este mundo, condensa as súas emocións en pratos que non pertencen á tradición culinaria da familia. Tanto el coma Emma son personaxes que non encaixan neste universo, e a paixón que xorde entre eles levaraos a romper todas as ataduras, pero será á conta de pagar un prezo moi alto.

 

Director: Luca Guadagnino

Intérpretes: Bárbara Alberti, Ivan Cotroneo

Italia, 2009 - 123 min

(V.O.S. en castelán)

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

Formato: 35 mm

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión