Concello da Coruña

Concello da Coruña

O ceo está máis preto do que pensas

Dúas sesións gratis de planetario o último sábado de mes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/03/2026

A postal planetaria de marzo, con Borja Tosar, terá lugar o sábado 21

Horario:

  • Sábado 21 de marzo: ás 11.30 h Postal planetaria con Borja Tosar
  • Sábado 28 de marzo: ás 11.30 h (Ceo para decatados) e ás 13.00 h (Ceo do mes)

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias.

As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completar a capacidade.

Todos os últimos sábados de cada mes o Planetario da Casa das Ciencias celebra dúas sesións especiais.

Neste mes de marzo, de forma excepcional, a Postal planetaria a cargo de Borja Tosar, astrofísico colaborador dos Museos Científicos Coruñeses, trasládase ao sábado 21 ás 11.30 horas.

O sábado 28 de marzo celebraranse estas dúas sesións:

  • Ás 11.30 horas: O ceo para informados. Sesión en directo para maiores de 14 anos, destinada a un público afeito a observar o ceo nocturno e con coñecementos previos.
  • Ás 13.00 horas. O ceo do mes. Sesión en directo para maiores de 10 anos destinada a mostrar os detalles do ceo do mes entrante a público principiante.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión