Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2023

O ciclo Sen Numerar retoma a súa actividade este venres coa representación de ‘Relato para un incendio’, no Fórum Metropolitano

A compañía aAntena porá en escena unha obra baseada en sucesos verídicos acontecidos hai anos na comarca de Ordes

O ciclo Sen Numerar de Primavera retoma a súa actividade coa representación este venres no Fórum Metropolitano, a partir das 21.00 horas, da obra 'Relato para un incendio', posta en escena pola compañía aAntena.

A dramaturxia de 'Relato para un incendio' parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: os estudos antropolóxicos de Gustav Hennigsen en Arxemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxaría en Galicia e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016.

A proposta escénica baséase no traballo dos actores e actrices e de solucións creativas, centrándose no sinxelo e na relación profunda entre intérprete e público. Outro dos elementos é a metateatralidade, cun elenco transformando a súa caracterización e falando directamente coa audiencia, a favor dun achegamento emocional e o uso do audiovisual para artellar xogos escénicos.

A compañía aAntena foi seleccionada para levar a escena a proposta dramatúrxica de Ernesto Is en coprodución co Centro Dramático Galego.

A programación do ciclo Sen Numerar, no Fórum Metropolitano

Sete obras teatrais, representadas por outras tantas compañías galegas, conforman a programación do ciclo Sen Numerar de Primavera, do Fórum Metropolitano. As representacións son todas en venres, ás 21.00 horas.

O ciclo comezou o 3 de febreiro coa comedia 'Backup. A resurrección de Nuno', a cargo de De Ste Xeito Producións; e desenvolverase ata o 2 de xuño. A venda anticipada de entradas faise a través da web de Ataquilla.com e no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h. Tamén se poden adquirir unha hora antes de cada espectáculo no Fórum, sempre que queden entradas dispoñibles.

Os prezos das entradas son de 9 euros para o público en xeral e de 7 euros para as persoas desempregadas, as maiores de 65 anos e as titulares do Carné Xove.

Con este ciclo, o Fórum Metropolitano volve abrir as súas portas para obras de teatro de pequeno e mediano formato, para desta maneira seguir consolidando públicos, a través dunha programación de teatro en galego que conxuga variedade de estilos e postas en escena con música tecno, teatro contemporáneo e monólogo. Todas as representacións, salvo a última, son en galego.

Os vindeiros espectáculos previstos son os seguintes:

  • 28 de abril: 'Relato para un incendio', de aAntena.
  • 5 de maio: 'A louca historia de Galicia', de Fulano, Mangano e Citano.
  • 19 de maio: 'A barca do inferno', de Nauta.
  • 2 de xuño: 'Si esto es un hombre', de Cámara Negra Teatro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión