Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Primavera 2023: "Relato para un incendio", de aAntena

A dramaturxia de "Relato para un incendio" parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: os estudos antropolóxicos de Gustav Hennigsen en Arxemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxaría en Galicia e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016.

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

28/04/2023

Xa rematou

Horario:

21:00 h 

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 9,00 €; descontos (carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 € 

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

A proposta escénica baséase no traballo dos actores e actrices e de solucións creativas, centrándose no sinxelo e na relación profunda entre intérprete e público. Outro dos elementos é a metateatralidade, cun elenco transformando a súa caracterización e falando directamente coa audiencia, a favor dun achegamento emocional e o uso do audiovisual para artellar xogos escénicos.

aAntena foi seleccionada para levar a escena a proposta dramatúrxica de Ernesto Is en coprodución co Centro Dramático Galego.

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=_xmECAA5_SQ

FICHA ARTÍSTICA

Intérprete: Victoria Pérez, Isabel Risco e Manu Fernández

Autoría e adaptación: Ernesto Is

Dirección: Xosé Leis Martínez

Escenografía e iluminación: José Manuel Faro "Coti" e Montse Pinheiro

Deseño de son: Xabier Romero

Vestiario: Mar Fraga

Música: Aantena

Espectáculo de teatro contemporáneo con proxeccións audiovisuais

Duración: 60 minutos

Idioma: galego

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión