Desde Hércules Ediciones, editorial coruñesa que este ano celebra o seu 40 aniversario, presentan un dos títulos máis recentes do seu catálogo de lectura accesible: "La familia de las curanderas".
Persoas adultas
11/12/2025
Entrada libre ata completar a capacidade.
19.30 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
O xoves 11 de decembro ás 19.30 h terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Municipal Ágora a presentación da novela "La familia de las curanderas", que relata a vida dunha curandeira galega que viviu nos anos duros da Guerra Civil e a ditadura franquista.
No encontro contaremos coa presencia da autora do texto orixinal, Marisa Castro, asi como tamén coa intervención de Cristina Sola, adaptadora do texto e unha das profesionais máis recoñecidas no ámbito da lectura accesible, acompañadas da editora Laura Rodríguez.
Sobre Marisa Castro
Marisa Castro (Lugo, 1955) é micóloga, doutorada en Ciencias Biolóxicas e socia fundadora da empresa MycoGalicia Plantae.
Durante máis de 30 anos foi profesora na Universidade de Vigo, onde impartiu Botánica e dirixiu casi unha decena de teses doutorais. A súa primeira profesión é a de docente, a segunda, sen dúbida, a de divulgadora científica.
Marisa é ecoloxista, amante da natureza e defensora da liberdade da muller, especialmente na figura da muller rural galega.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible