Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programación de cine, XUÑO de 2026

Programación de cine, XUÑO de 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/06/2026 ata o 30/06/2026

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné novo + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión do/a espectador/a: sábados, ás 17.30 h; prezo único de 1,50 €

** Para poderlle aplicar os descontos, é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA

EN SALAS DE CINE

  • Puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante esta.
  • Ao acceder á sala de cine, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos nin bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o resto do público.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cine teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán serlle requiridas pola persoa responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

SALA MARILYN MONROE - UN TOQUE DE COMEDIA

5-6 de xuño de 2026

THE MIRACLE CLUB (O club dos milagres), de Thaddeus Ou'Sullivan

Con Laura Linney, Maggie Smith

Irlanda, 2023

85 minutos-VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE SETE ANOS

HORARIO: venres 20.00 h / sábado, 17.30 e 20.00 h

11, 12 e 13 de xuño de 2026

TERÄSLEIDIT (Damas de ferro), de Pamela Tola

Con Leena Uotila, Seela Sela

Finlandia, 2020

88 minutos-VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE SETE ANOS

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

18, 19 e 20 de xuño de 2026

LLE DEUXIÈME ACTE (O segundo acto), de Quentin Dupieux

Con Léa Seydoux, Vincent Lindon

Francia, 2026

80 minutos-VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

25, 26 e 27 de xuño de 2026

THE GUARD (O irlandés), de John Michael McDonagh

Con Brendan Gleeson, Don Cheadle

Irlanda, 2011

92 minutos-VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

SALA FERNANDO REY - O AMOR E AS SÚAS DIFERENTES FORMAS

4, 5 e 6 de xuño de 2026

DEAN SIDSTE VIKING (O último viquingo), de Anders Thomas Jensen

Con Mads Mikkelsen, Nicolaj Lie Kaas

Dinamarca, 2025

116 minutos-VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS

HORARIO: xoves e venres 20.00 h/sábado 17.30 e 20.00 h

11, 12 e 13 de xuño de 2026

GRÄNS (Border), de Ali Abbasi

Con Eva Melander e Eero Milonoff

Suecia, 2018

101 minutos-VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS

HORARIO: xoves e venres, 20.00 h / sábado, 17.30 e 20.00 h

18, 19 e 20 de xuño de 2026

L'ENVOL (Scarlet) de Pietro Marcello

Con Raphael Thierry, Juliette Jouan

Francia, 2022

100 minutos-VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

25, 26 e 27, xuño 2026

10.000 KM de Carlos Marques-Marcet

Con Natalia Tena e David Verdaguer

España, 2014

98 minutos-VO

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos), de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de billetes Fórum Metropolitano: día de proxección desde media hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión