Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sala Fernando Rey - Setembro 2021 - Risas en francés

A sala Fernando Rey retoma a súa actividade cun ciclo de comedia francesa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/08/2021 ata o 26/09/2021

Este evento xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para aplicar os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

2-3-4 setembro

Retour chez ma mère de Eric Lavaine

9-10-11 setembro

La bonne épouse de Martin Provost

16-17-18 setembro

Les invasions barbares de Denys Arcand

23-24-25 setembro

Les garçons et Guillaume, à table! de Guillaume Gallienne

Proxeccións en BluRay - VOSE

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: días de proxección desde media hora antes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión