Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Seica na Coruña", de Xesús Carballido

A exposición está formada por unhas cen pezas, a súa maioría colaxes, e poderá visitarse ata o 23 de novembro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/10/2025 ata o 23/11/2025

Xa rematou

Horario:

Luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

O Quiosco Alfonso acolleu este mércores o acto de apertura da mostra Seica na Coruña, do artista Xesús Carballido. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu o acto e destacou que "o Goberno Inés Rey de continúa poñendo a disposición da cidadanía exposicións de grandes artistas galegos nos espazos municipais".

Seica, como sempre nomea Carballido as súas mostras, está conformada por case cen pezas, no seu maior parte colaxes, a especialidade do autor, pero tamén hai ensamblaxes e outros obxectos. Nesta, como noutras exposicións individuais e colectivas do autor, apréciase o seu gusto polo emprego de pequenos obxectos para crear a súa obra, desde tipos de imprenta ata ferro forxado ou cunchas, sen esquecer etiquetas de produtos comerciais, entre outros aparellos. O seu proceso creativo toca de moitos lados, de diferentes técnicas, de cousas que atopa, dun libro que cae nas súas mans... Unha vez descuberto o punto de partida dunha obra, o artista entra na colaxe cunha idea pero logo evoluciona cara outros mundos, cara o que a propia obra vaille pedindo.

Nese sentido, o artista traballa cunha linguaxe profundamente persoal, recuperando obxectos da vida cotiá para integralos e compoñer dunha forma equilibrada unha nova obra de arte. Trátase de obxectos que deixaron de empregarse, que xa non teñen utilidade, e que adquiren de novo vida propia dentro da peza, evocando recordos e ideas. A mostra componse dun centenar de obras do artista, entre as que se atopan series de temática variada. Pretende con ela, facer unha antoloxía da súa traxectoria artística e persoal. Son froito de toda unha vida dedicada á arte e pola que pasaron centos, miles, de obxectos e documentos nos que viu un "algo", unha "parte", sustancia para conformar ou crear unha obra de arte. Son o reflexo dunha sensibilidade, dunha perspectiva única, dun artista único e distinto.

Catálogo SEICA NA CORUÑA

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión