Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Primavera 2022: Do pracer e da morte/ A Feroz

Teatro contemporáneo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/06/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Duración:

80/90 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €; descontos (carné xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €

* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Nesta peza de aspectos oníricos -e mesmo surrealistas por momentos- entretécense as actrices e actores coas súas circunstancias, Boccaccio e a súa crónica da Peste Negra no Decamerón ou O Bosco e as súas delicias inclasificables.

Tres planos que por momentos se superpoñen e afastan para proxectar as súas propias luces sobre a necesidade de fartar as faenas, os límites do que nos define como criaturas humanas e o temor á propia caducidade. Todo isto sen renunciar á música, á poesía e ao humor retranqueiro que define o ton do traballo da Feroz.

A obediencia, a autoridade, a curiosidade, a subalternidade, o medo á extinción, a urxencia do desexo, a incerteza e a praga... todos estes elementos compoñen un fresco dunha humanidade que quizais non mudou moito nos últimos sete séculos.

En definitiva, "Do pracer e da morte" é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.

Intérpretes: Gustavo Freire, Beatriz Romeu, Inés Salvado Gontad e Diego Salgado

Autora: Lorena Conde

Dirección: Borja Fernández (escénica) - Lorena Conde (artística)

Escenografía: Coti Faro

Deseño de son e Música: Manuel Abraldes

Deseño de iluminación: Montse Piñeiro

Vestiario: A Feroz e Montse Piñeiro

Música: Manuel Abraldes

Idioma: galego

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de espectáculo desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11:00 h a 15:00 h e de 16:30 h a 19:30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión