Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2026

Formación en intelixencia do negocio e analítica dixital

O concello programa formación en Intelixencia de Negocio e Analítica Dixital que se impartirá nos próximos meses no centro de empresas ACCEDE APAGAIO.

O concello programa formación en Intelixencia de Negocio e Analítica Dixital que se impartirá nos próximos meses no centro de empresas ACCEDE APAGAIO.

As persoas emprendedoras e as pequenas empresas precisan ferramentas que lles permitan analizar o mercado, medir o rendemento das súas accións e optimizar recursos.

A formación en Intelixencia de Negocio e Analítica Dixital facilita a creación de cadros de mando, a análise de clientes e a avaliación de oportunidades comerciais. A integración destes coñecementos contribúe a mellorar a toma de decisións desde as fases iniciais dos proxectos. A capacidade para analizar indicadores clave, interpretar métricas dixitais e anticipar tendencias é un factor determinante para garantir a competitividade das empresas emerxentes.

Esta formación promove modelos de negocio baseados en evidencias e facilita a identificación de áreas de avance, reducindo riscos e fortalecendo a sustentabilidade dos proxectos.

A formación en Intelixencia de Negocio se programa para o mes de maio. En breve publicitaranse as ligazóns de inscrición.

Enderezo:

Centro Municipal de Empresas - Accede Papagaio. Praza Papagaio s/n, bajo. 15001 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión