Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina de Emprego centro

Enderezo:

Rúa Orillamar 78. 15002 A Coruña

Teléfono:

881 960 585 (Servizo Público de Emprego)

981 138 209 (Inem)

901 119 999 (información xeral)

Fax:

981 138 208 (Inem)

Páxina web:

http://traballo.xunta.es

Servizos:

Para o demandante de emprego: demanda de servizos, renovación de demanda, ofertas de emprego, cursos de formación ocupacional, introdución e modificación de currículo.

Para o empresario: introdución de ofertas de traballo, selección de candidatos, listaxe de contratos, creación e xestión de contratos, comunicación de contratos a través de Contrat@.

Horario:

Atención ao público:

Luns a venres de 09:00 h a 14:00 h

Revisións:

Luns a venres de 09:00 h a 11:00 h

Titularidade:

  • Servizo Público de Emprego de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia.
  • A tramitación da prestación de desemprego realízase tamén na Oficina de Emprego. O persoal que o/a atenderá depende do Instituto Nacional de Emprego (INEM), pertencente ao Ministerio de Traballo e Inmigración.

Datos de interese:

  • Esta oficina comprende os códigos postais: 15001, 15002, 15003, 15004 e o Concello de Arteixo.

As oficinas de emprego son os puntos de atención que pon a disposición das persoas traballadoras e empresarias o Servizo Público de Emprego de Galicia.

Presta servizos en dúas áreas:

  • Intermediación laboral: ofrece atención personalizada ás persoas en situación de desemprego ou persoas traballadoras que queiran mellorar as súas condicións laborais, realizando tarefas de intermediación laboral, e ás persoas empresarias seren atendidas da forma máis adecuada para atopar os/as traballadores/as co perfil máis axeitado para cubrir os postos de traballo que oferte.
  • Orientación laboral: mediante este servizo infórmase as persoas demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolles un abano de ofertas formativas para facilitar a súa inserción no mundo laboral: escolas taller, casas de oficios, talleres de emprego, formación ocupacional e continua, programas de promoción de emprego e Rede Eures.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión