Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Orientación do Servizo Público de Emprego de Galicia

Obxecto:

Realizar as funcións como centro asociado, prestando o servizo de orientación laboral e realizando itinerarios personalizados de inserción.

Organiza: Área de Emprego e Empresa.

A quen vai dirixido?:

Demandantes de emprego.

Recursos materiais:

Ordenador conectado á rede de Servizo Público de Emprego. Ferramentas para a procura de emprego. Axenda de procura de emprego.

Recursos humanos:

Persoal técnico de orientación laboral.

Núm. de itinerarios realizados.

Núm. de persoas atendidas.

Prestar un servizo de apoio na procura de emprego aos demandantes remitidos dende o Servizo Público de Emprego de Galicia.

Oriéntase laboralmente no desenvolvemento do perfil ocupacional ou na reciclaxe profesional, o que inclúe apoio con accións de formación especializadas e programas para aumentar a túa experiencia profesional, en función das ocupacións interesantes para o teu perfil, así como na mellora das competencias e no proceso persoal de busca de emprego.

Ademais, a través da entrevista de orientación pódese acceder á realización dun Itinerario Personalizado de Inserción (IPI).

O itinerario consta de actividades que a persoa debe realizar para conseguir recursos e que poida xestionar con autonomía o seu proceso de inserción laboral. Estas actividades poden consistir en: motivación, adquisición de habilidades, adquisición de competencias, coñecemento das ferramentas de procura de emprego, coñecemento do mercado laboral etc.

A duración máxima do itinerario é de 6 meses, ao longo dos cales o demandante de emprego, ademais de realizar as accións fixadas, tería un mínimo de 5 horas de atención personalizada co seu orientador.

Tes máis información no portal da Xunta de Galicia, na páxina de orientación laboral.

Para recibir orientación no Servizo Público de Emprego de Galicia debes ila solicitar na oficina de emprego que che corresponda.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión