O pago das débedas tributarias e demais de dereito público poderá aprazarse ou fraccionarse, logo da previa solicitude das persoas ou entidades obrigadas ao pago, nos casos e na forma que determina a Ordenanza Xeral de Recadación do Excmo. Concello da Coruña, cando a súa situación económico-financeira lles impida, transitoriamente, efectuar o pago dos seus débitos.
O adiamento ou fraccionamento formalizarase mediante a domiciliación do pago das cotas resultantes nunha entidade financeira. Os cargos en conta realizaranse os días 5 de cada mes ou, en caso de ser inhábil, o primeiro día hábil seguinte.
As cantidades aprazadas ou fraccionadas devindicarán o interese de demora regulado na normativa tributaria ou orzamentaria que resulte de aplicación.
Débedas aprazables ou fraccionables
Todas, con excepción das seguintes:
Requisitos
Débedas en período voluntario.-
Débedas en período executivo.-
Documentación.-
Garantías.-
Modalidades de fraccionamento
Réxime xeral.- Con carácter xeral, poderá aprazarse ou fraccionarse o pago das débedas de acordo co seguinte cadro:
Importe débeda |
Prazo máximo |
|
Desde: |
Ata: |
Ata meses: |
300,00 € |
450,00 € |
6 |
450,01 € |
600,00 € |
9 |
600,01 € |
1.200,00 € |
12 |
1.200,01 € |
3.000,00 € |
15 |
3.000,01 € |
4.500,00 € |
18 |
4.500,01 € |
6.000,00 € |
21 |
6.000,01 € |
24 |
Réxime especial.- Cando a persoa interesada acredite algunha das situacións que se indican a continuación, poderá aprazarse ou fraccionarse o pago das débedas de acordo co cadro que figura seguidamente:
Importe débeda |
Prazo máximo |
|
Desde: |
Ata: |
Ata meses: |
300,00 € |
450,00 € |
12 |
450,01 € |
600,00 € |
18 |
600,01 € |
1.200,00 € |
24 |
1.200,01 € |
3.000,00 € |
30 |
3.000,01 € |
36 |
Como se pode efectuar a solicitude
Mediante comparecencia nas dependencias do Departamento de Recadación, sitas na rúa Franxa, 20, baixo, en horario de atención ao público:
Presentando a solicitude que se pode descargar desde esta ligazón, debidamente cuberta, a través de:
Preguntas frecuentes
Podo incluír na mesma solicitude débedas en período voluntario e en período executivo?
NON, para aprazar ou fraccionar débedas en período voluntario requírese non ter ningunha débeda pendente en período executivo.
Que pasa se non atendo o pago dalgunha cota?
Neste caso o fraccionamento quedará cancelado e a débeda esixirase pola vía de prema ou, se é o caso, executarase a garantía.
Podo anticipar o pago das débedas durante a vixencia dun aprazamento ou fraccionamento?
SI, durante a vixencia do aprazamento ou fraccionamento poderá solicitarse a emisión dun documento de ingreso que alcance a totalidade das cotas pendentes nese momento ou, se é o caso, o pago anticipado dalgunha cota concreta.
Podo modificar a conta de domiciliación bancaria durante a vixencia dun aprazamento ou fraccionamento?
SI, para facelo terá que presentar a documentación acreditativa da nova conta cun mínimo de 15 días de antelación respecto da data de cargo da cota seguinte.
Podo solicitar un novo fraccionamento durante a vixencia doutro anterior?
SI, salvo que iso puidese dar lugar á existencia de fraccionamentos simultáneos de débedas en período voluntario e en período executivo.
Durante o aprazamento ou fraccionamento pódenme seguir chegando embargos?
Mentres o aprazamento ou fraccionamento estea vixente, as débedas incluídas nel quedan excluídas de calquera actuación executiva de embargo. Con todo, se nese tempo se visen incursas en período executivo novas débedas, estas poderían ser obxecto de prema ou embargo salvo que se solicite un novo aprazamento ou fraccionamento.
Trámites relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible