Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Facenda

Como pagar

En que consiste?:

Pode realizar o pago dos seus recibos, multas, liquidacións, autoliquidacións e demais débedas, de maneira presencial ou telemática (opción recomendada). O Concello pon á súa disposición as ferramentas necesarias para que poida efectuar o pago de débedas sen desprazamentos.

Presencial

Que se necesita?:

Para poder realizar o pago é necesario que dispoña do documento de ingreso co código de barras. Recibos de impostos anuais (IBI, Vehículos, IAE etc.), documentos de pago de autoliquidacións (plusvalías, alta de vehículos, taxas municipais e prezos públicos), multas de tráfico, multas da ORA, documentos de liquidacións emitidos polos diferentes servizos municipais e demais ingresos de dereito público.

Como se fai?:

Por portelo: en calquera oficina de ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK, BANCO PASTOR, BBVA. Horario: de luns a venres, de 8.30 h a 14.00 h

Excepcións:

  • Multas de tráfico: no caso das multas de tráfico se o pago se realiza por entidade financeira unicamente se poderá realizar en ABANCA, BANCO PASTOR, SANTANDER e BBVA
  • Débeda en período executivo: no caso de débedas en período executivo se o pago se realiza por entidade financeira unicamente se poderá realizar en ABANCA e CAIXABANK

En caixeiros automáticos: nas entidades ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK, BANCO PASTOR e BBVA. Coas mesmas excepcións indicadas anteriormente para as multas de tráfico e as débedas en executiva.

En caixa municipal: o pago na caixa poderase facer en metálico ou a través de cheque a nome do Excmo. Concello da Coruña, conformado ou certificado pola entidade bancaria, e a través de tarxetas de débito e crédito.

Internet

Que se necesita?:

Esta é a opción máis recomendada posto que non hai limitación polo tipo de ingreso, e poderase realizar o pago de calquera débeda e con tarxeta de calquera entidade bancaria, sen custo, evitando desprazamentos. Para poder realizar o pago é necesario contar co documento de ingreso co código de barras.

Como se fai?:

DESDE O MÓBIL: Para IOS ou para ANDROID con tarxeta de calquera entidade bancaria, sen custo.

DESDE O ORDENADOR:

Sen certificado dixital: Poderase pagar con tarxetas de calquera entidade bancaria, a través das pasarelas de pago de ABANCA e CAIXABANK, sen custo.

Con certificado dixital: Na Oficina Virtual do Contribuínte

Teléfono

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?