Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Procedemento de concesión, logo do previo cumprimento dos requisitos esixidos, de beneficios fiscais no Imposto sobre Bens Inmobles. Os beneficios fiscais clasifícanse en exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obriga tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto para aplicar sobre a cota íntegra).
EXENCIÓNS:
BONIFICACIÓNS:
Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.
Ayuntamiento
A solicitude pódese realizar ao longo do exercicio, con todo, e de acordo co establecido no art. 19.2 da Ordenanza xeral de xestión a aplicación dos beneficios fiscais en tributos locais requirirá a petición escrita da parte interesada e producirán efectos, ao tratarse dun tributo de devindicación periódico, desde a devindicación inmediata seguinte a ela, sempre que no devandito momento se reúnan os requisitos esixidos para o seu goce. As solicitudes de bonificación por familias numerosas e bens relacionados con actividades pesqueiras deben renovarse anualmente.
Documentación que hai que achegar nas exencións:
Documentación que hai que achegar nas bonificacións:
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en cada unha das modalidades de exención ou bonificación indicadas anteriormente.
A través da Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídas as persoas notarias e rexistradoras da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
Si
O prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, a Administración municipal advertiraa de que, unha vez que transcorran 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.
Contra a resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.
Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).
Documentos relacionados
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible