Concello da Coruña

Concello da Coruña

Devolución derivada da normativa de cada tributo

En que consiste?:

Procedemento de devolución das cantidades ingresadas na Tesourería Municipal de acordo co previsto na normativa de cada tributo. De acordo co establecido no artigo 31 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, son devolucións derivadas da normativa de cada tributo as correspondentes a cantidades ingresadas ou soportadas debidamente como consecuencia da aplicación do tributo.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

O previsto na Ordenanza reguladora do tributo obxecto de devolución.

Enderezo:

Rúa Franja 20. La Coruña

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Impreso de solicitude de devolución de ingresos no que consten os datos bancarios da persoa titular da conta (código IBAN). A persoa titular da conta deberá coincidir coa persoa titular do dereito á devolución.

  • Se a persoa solicitante da devolución é o obrigado tributario:

- Xustificante orixinal ou copia da carta de pago que poderá substituírse pola mención exacta dos datos identificativos do ingreso realizado, entre eles, a data e o lugar de ingreso e o seu importe, de acordo co disposto no artigo 93.4 da Ordenanza xeral de xestión.

- Documentación acreditativa das manifestacións formuladas pola persoa solicitante da devolución.

- Fotocopia do NIF da persoa solicitante.

  • Se a persoa solicitante é persoa distinta do obrigado tributario, ademais:

- Cesión ao seu favor, por parte do obrigado tributario que figura no recibo, dos dereitos e facultades que lle poidan corresponder respecto da devolución da débeda ou ben, autorización legal ou outra documentación análoga entre particulares que posibilite o seu cobro.

  • Se se actúa en calidade de representante, un dos seguintes:

- Poder notarial.

- Autorización e copia do NIF do suxeito pasivo.

  • Nos supostos de falecemento do suxeito pasivo:

- Escritura de aceptación ou adxudicación de herdanza ou na súa falta testamento ou declaración de herdeiros do causante.

- Certificado de defunción.

- Acreditación da representación da comunidade hereditaria por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna en aplicación do establecido no art. 32 da Lei 30/1992.

- Renuncia, ou cesión de dereitos, se é o caso, dun ou varios herdeiros a favor doutro/s e copia do NIF.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
  1. Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
  2. Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
  3. Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña.
  4. Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa nº 20. C.P. 15001 A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Na tramitación telemática debe achegar a seguinte documentación en formato PDF:

  • Documentación acreditativa do código IBAN

Se a persoa solicitante da devolución é o obrigado tributario:

- Xustificante da carta de pago que se poderá substituír pola mención exacta dos datos identificativos do ingreso realizado, entre eles, a data e o lugar de ingreso e o seu importe, de acordo co disposto no artigo 93.4 da Ordenanza xeral de xestión.

- Documentación acreditativa das manifestacións formuladas pola persoa solicitante da devolución.

- Copia do NIF da persoa solicitante.

Se a persoa solicitante é persoa distinta do obrigado tributario, ademais:

- Documento de cesión ao seu favor, por parte do obrigado tributario que figura no recibo, dos dereitos e facultades que lle poidan corresponder respecto da devolución da débeda ou ben, autorización legal ou outra documentación análoga entre particulares que posibilite o cobro del.

Se se actúa en calidade de representante, un dos seguintes:

- Poder notarial.

- Autorización e copia do NIF do suxeito pasivo.

Nos supostos de falecemento do suxeito pasivo:

- Escritura de aceptación ou adxudicación de herdanza ou na súa falta testamento ou declaración de herdeiros do causante.

- Certificado de defunción.

- Acreditación da representación da comunidade hereditaria por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna en aplicación do establecido no art. 32 da Lei 30/1992.

- Renuncia, ou cesión de dereitos, se é o caso, dun ou varios herdeiros a favor doutro/s e copia do NIF.

Como se fai?:

A través da Sede electrónica. En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica, sempre que se configurase este procedemento na plataforma:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un/unha interesado/a que estea obrigado/a a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Máis información:

Recursos:

Contra a resolución de concesión/denegación da devolución poderanse interpoñer os seguintes recursos:

Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Reclamación Económico Administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).

Documentos relacionados

  • Modelo de cesión de dereitos en devolucións de ingresos (17 KB)
  • Solicitude de devolución de ingresos (118 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión