Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía). Solicitude de beneficios fiscais / prórroga

En que consiste?:

Procedemento de concesión, logo do cumprimento previo dos requisitos esixidos, de beneficios fiscais na plusvalía. Os beneficios fiscais clasifícanse en exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obriga tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto para aplicar sobre a cota íntegra).

EXENCIÓNS:

  • Entidades recollidas no art. 2 da Lei 49/2002 do réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado. (art. 15.3 da Lei 49/2002).
  • Constitución e transmisión de dereitos de servidume (art. 105.1 a Texto Ref. Lei HHLL).
  • Bens históricos nos que se realizaron obras de conservación, mellora ou rehabilitación (art. 105.1 b Texto Ref. Lei HHLL).
  • Institucións que teñan a cualificación de benéficas ou de benéfico-docentes (art. 105.2 c Texto Ref. Lei HHLL).
  • As transmisións realizadas por persoas físicas con ocasión da dación en pago de vivenda habitual do debedor hipotecario ou garante del, para a cancelación de débedas garantidas con hipoteca que recaia sobre a devandita vivenda, contraídas con entidades de crédito ou similares, así como as transmisións de vivenda realizadas en execucións hipotecarias xudiciais ou notariais cumprindo os requisitos anteriores.

BONIFICACIÓNS:

  • Bonificación do 20, 30, 70 ou 95 % (dependendo dos ingresos da unidade familiar) nas transmisións a título lucrativo por causa de morte ou por pacto de mellora en relación coa vivenda habitual do/a causante/mellorante, a favor de descendentes e adoptados/as, cónxuxes e ascendentes ou adoptantes. Nos supostos de pacto de mellora a bonificación só se aplicará naqueles supostos nos que o/a transmitente se reserve o usufruto do ben. (art. 9.2 Ordenanza fiscal núm. 53).
    • Bonificación do 95% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é igual ou inferior ao IPREM
    • Bonificación do 70% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao IPREM e ata o dobre do IPREM
    • Bonificación do 30% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao dobre do IPREM e ata o triplo do IPREM
    • Bonificación do 20% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao triplo do IPREM

PRÓRROGA:

  • Solicitude de prórroga de ata un ano para presentar a autoliquidación nas transmisións a título lucrativo por causa de morte (art. 12.2 b OF n.º 53).

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

As solicitudes de beneficios fiscais realizaranse desde a data de devindicación do imposto ata a finalización do prazo da súa liquidación regulado no artigo 12.2 da OF núm. 53.

A solicitude de prórroga nas transmisións a título lucrativo por causa de morte realizarase dentro do prazo de 6 meses para practicar a autoliquidación.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Documentación que hai que achegar nas exencións:

  • Entidades recollidas no art. 2 da Lei 49/2002 do réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado (art. 15.3 Lei 49/2002):
    • Estatutos da sociedade adaptados á Lei 49/2002.
    • Certificado da Administración do Estado do exercicio do dereito de opción ao réxime fiscal especial.
    • Certificación acreditativa da súa inscrición no rexistro correspondente.
  • Constitución e transmisión de dereitos de servidume (art. 105.1 a Texto Ref. Lei HHLL):
    • Documento xustificativo do citado dereito.
  • Bens históricos nos que se realizaron obras de conservación, mellora ou rehabilitación (art. 105.1 b Texto Ref. Lei HHLL):
    • Identificación do expediente do Servizo de Urbanismo polo que se outorgou a licenza.
    • Xustificación de que as ditas obras foron a cargo do suxeito pasivo beneficiario da exención (facturas ou calquera documentación acreditativa)
    • A administración comprobará que o edificio teña unha antigüidade superior a 50 anos, que se encontra dentro do ámbito delimitado pola Xunta de Galicia como conxunto histórico artístico e estea incluído no catálogo do Plan especial de reforma interior da Cidade Vella e Pescaría con nivel de protección integral (DOG núm. 57 de 22/03/1984)
  • Institucións que teñan a cualificación de benéficas ou de benéfico-docentes (art. 105.2 c Texto Ref. Lei HHLL):
    • Estatutos da institución que acrediten a súa condición.

Documentación que hai que achegar nas bonificacións:

  • Bonificación do 20, 30,70 ou 95 % (dependendo dos ingresos da unidade familiar) nas transmisións a título lucrativo:
    • por causa de morte en relación coa vivenda habitual do/a causante
    • por pacto de mellora en relación coa vivenda habitual do/a mellorante (devindicacións a partir de 2021)
    • e a favor de descendentes e adoptados/as, cónxuxes e ascendentes ou adoptantes. Nos supostos de pacto de mellora a bonificación só se aplicará naqueles supostos nos que o/a transmitente se reserve o usufruto do ben. (art. 9.2 OF n.º 53):
      • En ambos os supostos requírese copia da última declaración do IRPF da unidade familiar (enténdense todas as persoas empadroadas co suxeito pasivo solicitante) incluído o causante/mellorante se formaba parte dela, ou autorización expresa por escrito para efectuar a consulta por parte da Administración municipal ante a AEAT conforme ao modelo que se facilita.
      • En ambos os supostos requírese copia da última declaración do IRPF da unidade familiar (enténdense todas as persoas empadroadas co suxeito pasivo solicitante) incluído o causante/mellorante se formaba parte dela, ou autorización expresa por escrito para efectuar a consulta por parte da Administración municipal ante a AEAT conforme ao modelo que se facilita.

Para presentar o modelo de solicitude 045 de beneficio fiscal no IIVTNU fai falta ter en conta o seguinte:

- Nos supostos en que a data de devindicación (data da constitución ou transmisión do dereito sobre o ben inmoble) teña lugar a partir do 01.01.2021 a solicitude que deberá presentar será esta:  mod. 045 Solicitude de beneficios fiscais e prórroga IIVTNU 2021

- No resto dos supostos en que a data de devindicación teña lugar con anterioridade ao 31/12/2020 ou na devandita data, a solicitude que deberá presentar será esta:  mod. 045 Solicitude de beneficios fiscais e prórroga IIVTNU 2020

Documentación para achegar na solicitude de prórroga:

  • Nas transmisións de bens a título lucrativo por causa de morte:
    • Identificación dos bens da herdanza do/a causante
    • Identificación de suxeitos pasivos (relación de herdeiros/as)
    • Certificado de defunción do/a causante
  • Nas transmisións de bens a título lucrativo por pacto de mellora:
    • Identificación do ben transmitido polo/a mellorante
    • Identificación de suxeitos pasivos (mellorados/as)

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña
    • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa, 21-22. C.P. 15001 A Coruña
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en cada unha das modalidades de exención ou bonificación indicadas anteriormente.

Como se fai?:

A través da Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídas as persoas notarias e rexistradoras da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Máis información:

No caso das exencións o prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, a Administración municipal advertiraa de que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a caducidade del.

No caso da bonificación nas transmisións a título lucrativo por causa de morte, en relación coa vivenda habitual, o prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 1 mes (art. 9.4 OF núm. 51)

Nas solicitudes de prórroga o prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 1 mes (art. 12.2 b OF núm. 53).

- Contra a resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal/ prórroga poderanse interpoñer os seguintes recursos:

Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición. Poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, no idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos. De producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).

Documentos relacionados

  • mod. 045 Solicitude de beneficios fiscais e prórroga IIVTNU 2020 (114 KB)
  • mod. 045 Solicitude de beneficios fiscais e prórroga IIVTNU 2021 (147 KB)
  • Declaración responsable para exención por dación en pago,IIVTNU (60 KB)
  • Autorización Renda (53 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión