Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Taxa de cemiterios e outros servizos fúnebres

A taxa de cemiterios é un tributo municipal que grava a utilización de servizos fúnebres no Concello da Coruña segundo os termos previstos na Ordenanza fiscal núm. 9, reguladora da taxa.

Feito impoñible:

O feito impoñible desta taxa constitúeo:

  1. Primeira concesión, transmisión da titularidade e prórroga de panteóns, sepulturas subterráneas, nichos e cinceiros nos cemiterios municipais.
  2. Licenzas para apertura dos enterramentos.
  3. Vixilancia e conservación de enterramentos.
  4. Incineracións, condución de cadáveres e outros servizos funerarios.

Obrigado tributario:

Son obrigados tributarios contribuíntes os solicitantes da concesión, da autorización ou da prestación do servizo e, se é o caso, os titulares de dereitos regulados nesta ordenanza.

Tarifas do imposto:

As tarifas pola utilización dos servizos funerarios municipais regúlanse no art. 6 da ordenanza municipal núm. 9.

Beneficios fiscais:

Só serán de aplicación aqueles beneficios fiscais que estean recoñecidos en norma con rango de lei.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión