Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Taxa por entrada de vehículos (vaos)

Taxa por entrada de vehículos desde a vía pública, reservas de espazo para aparcamento, cargas, descargas e outras actividades particulares.

Feito impoñible:

Constitúen o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías municipais, nos casos seguintes:

a) Entradas de vehículos en edificios, soares, fábricas, talleres e en xeral, en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público, xa teñan licenza de vao permanente, laboral ou nocturno.

b) Reservas permanentes para actividades distintas do acceso a inmobles.

c) Reservas de carácter temporal para diversas actividades de comercio, construción, servizos e subministracións.

Obrigado tributario:

Quen utilice ou aproveite as entradas ou reservas.

Cando se solicite licenza para a utilización ou aproveitamento, entenderase que ten a condición de suxeito pasivo o solicitante ou a persoa ou entidade que represente.

Se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, considérase que ten a condición de suxeito pasivo o propietario do inmoble ou da empresa que utilizase a entrada ou reserva.

Tarifas do imposto:

As tarifas veñen reguladas no artigo 6 da Ordenanza fiscal 25.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión