O Concello da Coruña convoca unha consulta pública previa á elaboración do proxecto para a aprobación e imposición dunha nova ordenanza fiscal número 6, reguladora da taxa pola prestación do servizo público de recollida de residuos sólidos urbanos, co obxecto de cumprir coas obrigas impostas pola Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
O artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fai referencia á participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas con rango de lei e regulamentos. No seu apartado primeiro establece: "Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, substanciarase unha consulta pública".
Por conseguinte, a cidadanía e as organizacións potencialmente afectadas pola aprobación desta nova ordenanza poderán achegar as súas opinións e suxestións respecto da nova normativa municipal que se prevé establecer a través do formulario habilitado na web municipal e para iso disporán dun prazo de 20 días hábiles (contado a partir do 21.03.2025 e que finalizará o 21.04.2025, ambos incluídos).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible