Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Normativa
  • Consulta pública previa sobre a ordenanza de taxa fiscal turística

Consulta pública previa sobre a aprobación da ordenanza fiscal reguladora da recarga municipal no imposto galego sobre estadías turísticas na cidade da Coruña

Consulta pública

O Concello da Coruña convoca unha consulta pública previa á elaboración do proxecto para a aprobación e imposición dunha nova ordenanza fiscal co obxecto de crear unha recarga municipal no imposto galego sobre as estadías turísticas para a cidade da Coruña.

O artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fai referencia á participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas con rango de lei e regulamentos. No seu apartado primeiro establece: "Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, substanciarase unha consulta pública".

Por conseguinte, a cidadanía e as organizacións potencialmente afectadas pola aprobación desta nova ordenanza poderán achegar as súas opinións e suxestións respecto da nova normativa municipal que se prevé establecer a través deste formulario habilitado na web municipal e na sede electrónica e para iso disporán dun prazo de 20 días hábiles (contado a partir do 30.01.2025 e que finalizará o 26.02.2025, ambos incluídos).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión