Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
  • Inicio
  • Normativa
  • CONSULTA PÚBLICA PREVIA SOBRE O ANTEPROXECTO DA NOVA ORDENANZA XERAL DE XESTIÓN

Consulta pública previa sobre o anteproxecto da nova ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público municipais do Concello da Coruña

O Concello da Coruña eleva a consulta pública previa o anteproxecto da Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público municipais do Concello da Coruña, que se prevé que entre en vigor nos próximos meses.

A cidadanía poderá achegar as súas suxestións a través deste formulario habilitado na web municipal e para iso disporá dun prazo de 20 días hábiles (contados a partir do 03.10.2023 e que finalizarán o 31.10.2023, ambos incluídos).

O novo texto persegue a aprobación dunha norma que se adecúe a un obxectivo de interese xeral que contribúa a configurar un marco xurídico proporcional e simplificado que permita facilitar ás persoas contribuíntes, de forma sinxela e clara, o cumprimento dos requisitos administrativos propios do ámbito fiscal.

Os obxectivos xerais da nova Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público municipais do Concello da Coruña son:

a) A actualización e refundición normativas da vixente regulación xeral municipal en materia fiscal, marco de aplicación das diferentes figuras tributarias e doutros ingresos de dereito público esixibles polo Concello da Coruña.

b) O reforzo dos mecanismos de cooperación e coordinación administrativa en materia fiscal nas súas sucesivas fases de xestión, inspección e recadación tributaria.

c) A mellora do sistema de dereitos e garantías tributarias das persoas contribuíntes e dos mecanismos de relación electrónica coa Administración Tributaria Municipal.

Esta nova ordenanza municipal conterá así os principios básicos, as normas comúns e os procedementos de xestión, inspección, recadación e de revisión en vía administrativa dos tributos e demais ingresos de dereito público que integran a Facenda Municipal do Concello da Coruña, así como a potestade sancionadora municipal en materia tributaria.

A participación da cidadanía nos procedementos de elaboración de normas con rango de lei e regulamentos regúlase no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A finalidade que persegue esta consulta pública reside en recadar a opinión da cidadanía ou das entidades interesadas acerca da conveniencia e necesidade de aprobar esta nova ordenanza, sobre os seus obxectivos e as solucións que formula.

Achégase como anexo un documento no que se detallan todas esas cuestións, sen prexuízo das modificacións que se poidan introducir durante o proceso da elaboración definitiva da devandita ordenanza.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión