Constitúe o feito impoñible a transmisión mortis causa da titularidade dunha concesión dunha sepultura nos cemiterios municipais de Santo Amaro, Santa María de Oza e Feáns-Mesoiro.
As ordenanzas fiscais de aplicación son a ordenanza fiscal 9 (epígrafe 2 do artigo 6) e a ordenanza fiscal 1 (epígrafe 1.6. e epígrafe 1.3.4 do artigo 6)
1. Son obrigados tributarios contribuíntes os solicitantes.
2. Serán responsables da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire os artigos 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
Concepto | O.Fiscal 9 |
O.Fiscal 1 (por exame de documentos) |
O.Fiscal 1 ( pola resolución) |
Total |
Mausoleo ou panteón | 67,71€ m2 | 12,89 € | 20,28 € | 100,88 € |
Sepultura subterránea | 46,28€ m2 | 12,89 € | 2,54 € | 61,71 € |
Nicho | 34,24€ | 12,89 € | 2,54 € | 49,67 € |
Cinceiro | 16,37€ | 12,89 € | 2,54 € | 31,80 € |
Nos mausoleos, panteóns e sepulturas subterraneas a tarifa da O. Fiscal 9 reflectida corresponde a un m2 . É necesario multiplicar esta cantidade polo número de m2 totais. Se descoñece este dato pode consultalo no departamento de cemiterios.
As autoliquidacións de taxas e impostos municipais, de maneira presencial, realízanse nas oficinas da Franxa, na Unidade de Rexistro e Información ás persoas físicas que resulten contribuíntes.
Para poder realizar autoliquidacións a través da web deberá dispoñer dun certificado dixital ou DNI electrónico.
Deberá contar tamén cos datos necesarios que lle permitan escoller a tarifa correspondente.
Pode realizar unha autoliquidación a nome de terceiras persoas, lembre que debe contar coa súa autorización expresa e ter dispoñible o número de NIF do terceiro en nome de quen actúe.
Xunto coa autoliquidación deberá presentar a correspondente solicitude dirixida ao Departamento de Cemiterios.
TIPO DE INGRESO: TRAMITACIÓN DE LICENZAS E OUTROS (ORD1)
Debe seleccionar a opción autoliquidación (simulación se non quere xerar documento de pago, mostra a cantidade para aboar).
TIPO DE INGRESO: CEMITERIOS MUNICIPAIS - FUNERARIAS
Debe seleccionar a opción autoliquidación (simulación se non quere xerar documento de pago, mostra a cantidade para aboar).
Si
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible