17 de febrero de 2025
Acto en lembranza do 75 aniversario do falecemento de Santiago Casares Quiroga, político republicano coruñés que faleceu o 17 de febreiro de 1950 en París, no exilio, coa participación dos membros do Instituto, Ana Romero Masiá, directora do Instituto «José Cornide», Emilio Grandío Seoane, catedrático de Historia Contemporánea e Xosé Alfeirán Rodríguez, historiador.
Acto en lembranza do 75 aniversario do falecemento de Santiago Casares Quiroga, político republicano coruñés que faleceu o 17 de febreiro de 1950 en París, no exilio. Entre as cuestións que se expuxeron no acto estivo a construción da persoalidade de Casares Quiroga no contexto coruñés no que se desenvolveu, o seu traballo e loita desde o exilio así como a súa repercusión posterior na loita contra a ditadura.
O concelleiro de Cultura e Turismo, e responsable da Área de Memoria Democrática do Concello, Gonzalo H. Castro Prado, anunciou na presentación da Mesa que o Concello da Coruña solicitará ao Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática a inclusión da Casa Museo Casares Quiroga no inventario de Lugares de Memoria Democrática.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible