Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

A Coruña recibe a visita do príncipe Alberto I de Mónaco no verán de 1909

Foto da visita de Alberto I de Mónaco á Coruña

Na colección documental Luis Mayor Moreno, que conserva o Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses, figura esta fotografía na que Alberto Grimaldi -destacado, no centro- posa acompañado de personalidades coruñesas relacionadas co mundo da Oceanografía, disciplina na que o príncipe desenvolveu unha actividade decisiva.

O príncipe de Mónaco chegara ao porto da Coruña a bordo do seu barco Princesse Alice o mércores 28 de xullo, co obxectivo de tomar contacto coa primeira institución creada en Galicia para o estudo do mar: o Sub-Comité coruñés da Sociedad de Oceanografía del Golfo de Gascuña. Os responsables desta entidade, con actividade entre 1906 e 1918, foron os principais interlocutores e acompañantes do príncipe.

Albert Grimaldi recibiu ao consello directivo do Sub-Comité no Princesse Alice e ensinou o barco e os diferentes instrumentos de exploración oceanográfica de que estaba dotado, o laboratorio e o museo. A entidade coruñesa recibiu, como agasallo do príncipe, varios instrumentos e libros e recibiu dela a oferta, que aceptou, do nomeamento de presidente de honor e un exemplar dun singular peixe -Chlamydoselachus anguineus, tiburón anguía- e dous frascos con moluscos orixinarios das nosas costas.

Nos días seguintes, o príncipe e os seus acompañantes visitaron a Torre de Hércules, foron a Santiago, onde visitaron a catedral e a Exposición Rexional, celebraron varios banquetes e ata asistiron a unha corrida de touros. Nunha das visitas foron agasallados polo matrimonio Pardo Bazán-Quiroga nas torres de Meirás.

Non era a primeira vez que Alberto I se achegaba ás costas galegas. Xa no verán de 1886 acudiu co Hirondelle a Ferrol e A Coruña, interesado no estudo da bioloxía da sardiña. E co Princesse Alice pasara en distintas campañas de exploración mariña en 1894 pola cidade herculina. Albert Grimaldi era unha figura destacada do mundo científico, especialmente na Oceanografía, e as expedicións mariñas que dirixiu desde 1885 constituíron unha importante contribución a esta nova ciencia. En 1910 creou o Museo Oceanográfico en Mónaco e en 1911 o Instituto Oceanográfico (París). En España tivo unha destacada participación na creación do Instituto Español de Oceanografía en 1914.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión