Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Andrés Gaos

Portada publicación

Andrés Gaos, que vivíu sempre lonxe da súa terra, nunca a esqueceu e dedicoulle obras como estes Nuevos Aires Gallegos, partitura que se conserva no fondo documental do músico que garda o Instituto «José Cornide». O mestre Rodrigo A. de Santiago coñece esta obra a través do músico da Banda Orquestra coruñesa, Luis Scala Almozara, e fai unha versión orquestral da mesma que dirixe á fronte desta agrupación nun concerto celebrado o 4 de febreiro de 1962 con grande éxito. Rodrigo A. de Santiago interesouse pola figura de Andres Gaos Berea e foi quen promoveu e conseguiu o apoio para que unha rúa coruñesa levase o seu nome, acordo tomado en sesión plenaria do Concello celebrada o 15 de xuño de 1962. As súas investigacións sobre a figura e obra de Andrés Gaos foron o obxecto do seu discurso de ingreso no Instituto «José Cornide», lido o 3 de decembro de 1965. Nese acto de ingreso a pianista Mª Jesús Santamaría interpretou Nuevos Aires Gallegos como ilustración

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión