6 de junio de 2025
Profesores e investigadores universitarios tiveron unha xuntanza o 5 de xuño de 2025 co obxectivo de establecer puntos de colaboración en torno ao arquivo persoal da figura de Salvador de Madariaga. O deseño de proxectos en común comeza dende os seus primeiros pasos coa elaboración dunha monografía, resultado da posta en común das ponencias destas xornadas. Continuarán outras propostas que contribuirán a unha maior visualización e aproveitamento do denso fondo do arquivo persoal de Salvador de Madariaga, depositado no Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses.
A composición inicial do «Circulo Madariaga» está integrada por persoas docentes e investigadoras de diferentes universidades españolas: Francisco Quintana Navarro, profesor titular da ULPGC; Alberto Sabio Alcutén, catedrático de historia contemporánea da UNIZAR; Jorge Antonio Quindimil López, profesor titular da UDC; Santiago de Navascués Martínez, profesor de Historia Contemporánea da UNAV; Antonio Moreno Juste, catedrático de historia contemporánea da UCM; José Ramón Rodríguez Lago, profesor titular da UVigo; Elena Sánchez de Madariaga, profesora titular da URJC de Madrid; Ana Romero Masiá, directora do Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses e Emilio Grandío Seoane, catedrático de historia contemporánea da USC, coordinador do Círculo.
Europa, pacifismo, democracia.... O «Círculo Madariaga» inicia o seu camiño
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible