
O 16 de xuño de 2023, Juan Luis Pérez Alvajar fixo entrega ao Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses -para a súa custodia, estudo e conservación- de 84 cartas de Domingo Antonio Quiroga Ríos dirixidas a Ana María Alvajar López.
Esta correspondencia estaba en posesión do doante por ser fillo de Ana María Alvajar López, afillada de Quiroga Ríos, dúas persoas vinculadas familiar e ideoloxicamente, ademais de con moitos elementos de coincidencia na súa traxectoria vital. Ana María era filla de César Alvajar Diéguez e Amparo López Jean, un matrimonio que destacou na Coruña pola defensa dos ideais republicanos, situación que lles ocasionou un prolongado exilio.
Este interesante conxunto epistolar abrangue desde o 10 de marzo de 1960 ao 1 de decembro de 1986 distribuídas ao longo deses anos con diferente regularidade. A primeira, de 1960 é única, non ten continuidade, reaparecendo a correspondencia en 1971. Nesta década apréciase unha gran regularidade, non faltando exemplares en ningún dos anos da década de 1970 polo que a este conxunto corresponde o 83,3% do total con 72 cartas. Por esta razón e tamén o período que mellor permite mergullarse na relación entre Antonio Domingo e a súa afillada Ana María. A partir de 1980 diminúe o número de cartas e mesmo faltan nalgúns anos (1983, 1984 e 1985) para volver en 1986 con tres cartas nas que o tema central versa arredor dos temas da saúde de Domingo.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible