Entre a numerosa correspondencia que garda Instituto «José Cornide», destaca a que mantiveron Salvador de Madariaga e Andrés Segovia durante moitos anos, cartas nas que daban conta das súas respectivas actividades, viaxes, proxectos... sempre no ton distendido e familiar propio de quen se consideran grandes amigos. Neste caso, Andrés Segovia comunica os enderezos das súas próximas viaxes para que non se extravíe o envío dun libro dedicado por Salvador de Madariaga, dá conta da participación das xornadas de Música en Compostela ―a onde acudía con regularidade para impartir clases de especialización― e desculpa o erro cometido nunha carta anterior na que daba o nome de Nini á súa esposa, corrixindo a MIMI con ilustración de pentagrama. Todo elo nesta linguaxe amable e cariñosa de dous amigos que se profesan intensa e sincera amizade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible