Salvador de Madariaga deixounos, como parte do seu inmenso legado, a súa propia voz gravada. El disco es a la voz lo que la imprenta a la escritura, escribía o coruñés na contraportada do disco no que recita algúns dos seus poemas, e comparaba a Edison con Gutenberg polos inventos que permiten que a palabra -oral ou escrita- se poida reproducir e difundir para chegar a todo o mundo. Emociona escoitalo neste disco de vinilo de 33 rpm, estéreo, que foi gravado en Oxford e Londres en 1970, cando Salvador tiña 84 anos de idade. Os interesados en escoitar a voz do polígrafo coruñés, podedes achegarvos ao Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses e neste enlace tendes o inicio desta histórica gravación
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible