Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inscrición

Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal.

No programa de cada edición e na web aparecerá indicado o prazo de inscrición en cada actividade: día e hora de inicio e de remate. A inscrición permanecerá aberta ata as 12.00 horas do día sinalado como data de fin de inscricións ou ata esgotárense as prazas.

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalle un ollo a todas as actividades. Mira as que sexan para á túa idade. Lembra que son para persoas de entre 12 a 30 anos, aínda que que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.

3. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. Ah! Se as actividades son de continuidade só tes que inscribirte unha vez.

4. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos adecuados. Ollo, que hai novidades!

As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar prazas.

5. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.

6. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que necesites a través deas correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

IMPORTANTE: Non te esquezas de traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribes.

Se es menor de idade, lembra: tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar Autorización participación menores ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

Inscríbete en:

/informacionxuvenil/gl/suceso?itemID=1453848274680&itemType=Suceso

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión