Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal.
No programa de cada edición e na web aparecerá indicado o prazo de inscrición en cada actividade: día e hora de inicio e de remate. A inscrición permanecerá aberta ata as 12.00 h do día sinalado como data de fin de inscricións ou ata esgotárense as prazas.
PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...
1. Bótalle unha ollada a todas as actividades. Mira as que sexan para á túa idade. Lembra que son para persoas de entre 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.
2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.
3. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. Ah! Se as actividades son de continuidade só tes que inscribirte unha vez.
4. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos adecuados. Ollo, que hai novidades!
As inscricións ábrense os luns ás 16:00 h e péchanse os xoves ás 12:00 h, ou ata esgotar prazas.
5. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.
6. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que necesites a través deas correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com
IMPORTANTE: Non te esquezas de traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribes.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar aquí), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
Inscríbete en:
/informacionxuvenil/gl/suceso?itemID=1453794546755&itemType=Suceso
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible