Ruta guiada por Xurxo Souto con quen camiñaremos polo centro da cidade, protagonista de historias, lendas e gran parte da obra do autor, músico e divulgador coruñés.
Maiores de 16 anos
Para público en xeral
Dende o 13/05/2023 ata o 14/05/2023
Xa rematou
Dende o 09/05/2023 ata o 12/05/2023
As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o martes 09/05 ata o venres 12/05 ás 15.00h ou ata que se esgoten as prazas (50).
2 h
50
De balde con inscrición previa
É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.
Área de Cultura e Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Ruta urbana con Xurxo Souto. O retorno dos homes mariños. Contos da cidade barco é unha actividade do IMCE en colaboración con Normalización Lingüística do Concello da Coruña para celebrarmos o día grande das nosas Letras.
Haberá dous pases:
-sábado 13 de maio de 19.00 a 21.00h
-domingo 14 de maio de 11.30 a 13.30h
O punto de reunión e saída indicarase co correo de confirmación da inscrición.
INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:
- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o momento de publicación deste evento e ata o venres 12 de maio ás 15.00h ou ata que se esgoten as prazas (50).
- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.
Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.
Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible