Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Como pagar?

En que consiste?:

Pode realizar o pago dos seus recibos, multas, liquidacións, autoliquidacións e demais débedas, de maneira presencial ou telemática (opción recomendada). O concello pon á súa disposición as ferramentas necesarias para que poida efectuar o pagamento de débedas sen desprazamentos.

Presencial

Que se necesita?:

Para poder realizar o pago é necesario que dispoña do documento de ingreso co código de barras. Recibos de impostos anuais (IBI, Vehículos, IAE etc.), documentos de pago de autoliquidacións (plusvalías, alta de vehículos, taxas municipais e prezos públicos), multas de tráfico, multas da ORA, documentos de liquidacións emitidos polos diferentes servizos municipais e demais ingresos de dereito público.

Como se fai?:

Por portelo: En calquera oficina de ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. Horario: de luns a venres, de 8.30 h a 14.00 h

Excepcións:

  • Multas de Tráfico: no caso das multas de tráfico se o pagamento se realiza por unha entidade financeira unicamente se poderá realizar en ABANCA, SANTANDER e BBVA
  • Débeda en período executivo: no caso de débedas en período executivo se o pago se realiza por unha entidade financeira unicamente se poderá realizar en ABANCA e CAIXABANK

En caixeiros automáticos: nas entidades ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. Coas mesmas excepcións indicadas anteriormente para as multas de tráfico e as débedas en executiva.

En caixa municipal: o pago na caixa poderá facerse en metálico ou a través de cheque a nome do Concello da Coruña, conformado ou certificado pola entidade bancaria, e a través de tarxetas de débito e crédito.

Internet

Que se necesita?:

Esta é a opción máis recomendada posto que non hai limitación polo tipo de ingreso, e poderase realizar o pago de calquera débeda e con tarxeta de calquera entidade bancaria, sen custo, evitando desprazamentos. Para poder realizar o pago é necesario contar co documento de ingreso co código de barras.

Como se fai?:

DESDE O MÓBIL: para IOS ou para ANDROID con tarxeta de calquera entidade bancaria, sen custo.

DESDE O ORDENADOR:

Sen certificado dixital: poderase pagar con tarxetas de calquera entidade bancaria, a través das pasarelas de pago de ABANCA e CAIXABANK, sen custo.

Con certificado dixital: na Oficina Virtual do Contribuínte

Teléfono

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión