Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2019, coas Tanxugueiras en concerto.
Cidadanía en xeral
Para público en general
10/05/2019
Ya ha finalizado
Desde el 29/04/2019 hasta el 10/05/2019
Até o xoves 9 de maio, entregaranse un máximo de dous convites por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren convites, estarán ao dispor do público xeral o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na entrada do auditorio do Centro Ágora.
21.00 h
75 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde con convite
Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Teléfono: 981 189 888
Correo-e: lingua(a)coruna.es
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son as integrantes de Tanxugueiras, un dos mellores referentes da música tradicional galega. En 2018 acadaron o premio MIN ao mellor álbum en galego e o premio aRi[t]mar polo tema "Que non mo neguen", unha canción na que Tanxugueiras, segundo elas propias, quere facer ver o actual apoderamento da muller e camiñar en prol da igualdade.
A actuación desenvolverase no auditorio do Centro Ágora.
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible