22 de abril de 2026
Andainas guiadas no outono polos barrios da cidade coas letras como protagonistas
A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.
Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto).
Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos.
O calendario será o seguinte:
- Sábado 9 de maio, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 4) "A ruta de Ulises Fingal, as pedras percebeiras da contorna da Torre de Hércules", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto
- Sábado 30 de maio, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 25) "Na procura do antigo Gremio de Mareantes", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto
- Sábado 6 de xuño, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 1) "O ascenso á Pena da Vixía", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto "As mulleres do muro (peixeiras, redeiras e mariscadoras)", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto
INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:
- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.
- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.
Actividades relacionadas
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
28/04/2026
17.00 horas
Dende o 24/04/2026 ata o 28/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
28/04/2026
18.30 horas
Dende o 24/04/2026 ata o 28/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
05/05/2026
17.00 h
Dende o 01/05/2026 ata o 05/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible