O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña levou a cabo na segunda metade do ano unha morea de actividades para todos os públicos.
1. Programa Apego
https://www.coruna.gal/lingua/gl/dinamizacion/apego
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou, de setembro a decembro, as seguintes actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos no Centro Ágora:
-
"Ñam!", de Caramuxo Teatro (auditorio)
(3-5 anos) Dúas funcións do espectáculo creado a partir do mundo da cociña, para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.
-
"Música na pel", de Arkhé
(+2 meses ata 1 ano, ou que aínda non se desprazan) Dous pases do obradoiro para as familias con bebés no que exploramos, con moita liberdade de acción, a importancia da lingua, da música e de captar estímulos.
-
"Obradoiro de imprenta creativa", de Alouette Machine
(3-6 anos) Dous pases do obradoiro participativo no que as crianzas puideron realizar (e levar) algunhas impresións e coñecer de preto o traballo dos antigos impresores e editores.
-
"O dentista musical", de Pablo Varela
(3-6 anos) Dous pases da actividade co libro-disco do mesmo nome. Cantamos e bailamos, ao tempo que aprendemos hábitos saudables para acadar unha boa saúde bucodental. Tamén nos axudou a superar o medo a ir ao/á dentista e a conseguir un sorriso san e brillante.
-
"Levántate, Xan!", de Caxoto
(1-3 anos) Dúas funcións do espectáculo no que Xan, dono dunha granxa, ten un problema co seu galo que pode condicionar toda a vida cotiá da granxa. A través de pequenas historias, cancións e contos, Xan intenta arranxar o funcionamento da súa granxa.
-
"Hugo", d'Os Náufragos Teatro (auditorio)
(4 a 6 anos) Dúas funcións da peza na que coñecemos a Hugo, a quen lle gustan moito os avións e toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A ela gústalle falar e gústanlle as plantas. Peza sobre o trastorno de espectro autista.
-
"Triscus beliscus", de Vero Rilo e Sonsoles Penadique
(0 a 3 anos) Dous pases do espectáculo de narración oral e música en directo. Xogar, contar e cantar con Xan, con Pedro, co can, co gato e co rato ata caer de cu polo burato!
-
"Mar, terra e lingua", da Maga Fani
(3 a 6 anos) Dous pases da actividade de escolla de feitizos para amosar que, da bravura do noso mar e da capacidade produtiva desta terra, agroma unha fala para namorar a sociedade.
-
"A nena e os tres osos", de Migallas
(1 a 3 anos) Dúas funcións do espectáculo de monicreques e cancións. Os tres osos vivían no bosque e todos os días facían o mesmo, pero aquela mañá as papas estaban moi quentes e decidiron pasear primeiro e almorzar despois.
-
"Rosa caramelo", de Talía Teatro (auditorio)
(4 a 6 anos) Dúas funcións da peza na que nos presentaron a Margarita, que está illada nun xardín e é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea, descobre o significado da liberdade, e abre o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
-
"Arrolos de salitre", de Guille Fernández e Inés Salvado
(0 a 2 anos) Dous pases da actividade na que as familias poden aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce de tradición oral do disco do mesmo nome, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Melodías moi coñecidas, na guitarra de Guillerme e na voz de Inés Salvado.
Ademais da
Festa do Apego 2025
no Campo da Leña o 5 de setembro!
2. AgoraSón
-
Lamatumbá no AgoraSón de outono
en concerto, para público en xeral. Lamatumbá ten catro discos publicados e multitude de concertos, polo que é unha das grandes referencias da música en galego das festas e verbenas das últimas décadas. Esta formación ourensá abriu unha nova etapa, logo do seu regreso aos escenarios hai dous anos, con nova imaxe, novos temas e a intención de reinventarse e seguir sendo referencia no panorama musical galego. Este verán sacaron un novo tema, Botando leña, e este ano cumpríronse 20 anos do seu traballo Lume, (para que saia o sol) e o grupo está orgulloso de seguir oíndo nas voces do seu público os temas máis queridos, como o Licor café.
3. A Coruña das Letras
4.
Programa de Fomento da lingua galega nas EIM da cidade
(actividades para o alumnado das Escolas Infantís Municipais e o seu profesorado):
- "A nena e os tres osos", de Migallas Teatro. Proposta teatral con conto, cancións en directo e monicreques.
- "Levántate, Xan!", de Caxoto. Proposta teatral de narración oral con conto, cancións en directo e monicreques.
- "Arrolar", da Fundación Legar. Proposta musical de cantigas de berce con instrumentos de raíz.
5.
Programa Falamos primaria 2025
- Actuacións musicais do grupo A Gramola Gominola, para os centros inscritos, no Centro Ágora
- Actuacións musicais do grupo A Banda do Verán, para os centros inscritos, no Centro Ágora
6.
Programa Falamos secundaria 2025
- Actividades de charlas e música con MJ Pérez e Manuel Núñez Singala, para os centros inscritos, no Centro Ágora
- Actividades de charlas e música con Pauliña, para os centros inscritos, no Centro Ágora
7. Actividade de fomento e promoción da lingua galega para a poboación en xeral
8. Actividade do programa FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, para público familiar
9. Poetas Di(n)versos
10. Cursos de introdución á lingua e á cultura galegas