Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas Norteamérica 2026-2027: prazo de presentación do modelo de aceptación ou renuncia

Tras a publicación das listaxes definitivas de persoas seleccionadas, excluídas e en lista de espera, ábrese un prazo de dez días hábiles (do 23 de febreiro ao 6 de marzo) para a presentación do modelo de aceptación ou renuncia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/02/2026 ata o 06/03/2026

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 - Ext. 10911

educacion@coruna.gal

O Concello da coruña publicou, o día 20 de febreiro de 2025, as listaxes definitivas de persoas seleccionadas, excluídas e en lista de espera no programa de .. Bolsas Norteamérica 2026-27

Iníciase así un prazo de 10 días hábiles (do 23 de febreiro ao 6 de marzo, ambos os días incluídos), para que as persoas seleccionadas presenten o escrito de aceptación, que deberá ser asinado por ambos os proxenitores ou titores legais e comunicado por escrito ao Servizo Municipal de Educación, a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. No caso de transcorrer o devandito prazo sen que se produza tal comunicación, entenderase que se renuncia á participación no programa.

No caso de que se presente a documentación a través dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (con selo do rexistro de entrada) por correo electrónico á seguinte dirección do SME, dentro do prazo de aceptación: educación@coruna.gal

Documentos relacionados

  • Bolsas Norteamérica 2026-2027: Listas definitivas de persoas seleccionadas, en lista de espera e excluídas (20/02/2026) (828 KB)
  • Bolsas Norteamérica 2026-2027: Modelos de aceptación e renuncia (53 KB)

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "A voar", de Cé Orquestra Pantasma, ás 17.00 h

    Cando:

    10/03/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 06/03/2026 ata o 10/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión