Concello da Coruña

Concello da Coruña

Biblioteca Municipal Ágora

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 886

628 077 632

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

Inverno: luns, mércores, xoves e venres: 09.00-20.30 h

martes: 9.00-14.00 h e 16.00-20.30 h

Sábados: 10.00-14.00 h e 17.00-20.30 h

Verán: luns, mércores, xoves e venres: 09.00-20.30 h

martes: 9.00-14.00 h e 16.00-20.30 h

Sábados: 10.00-14.00 h

Fóra destes horarios a devolución de libros farase na caixa de correos da porta principal.

Horario

  • Inverno
    • Luns a venres: de 9 a 20.30h (os martes pecha de 14 a 16h)
    • Sábados: de 10 a 14h e de 17 a 20.30h.
  • Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro, incluídos)
    • Luns a venres: de 9 a 20.30 h. (os martes pecha de 14 a 16 h.)
    • Sábados: de 10 a 14 h.
  • Días de peche: domingos e festivos, 24 e 31 de decembro, e sábado de Semana Santa.

Como chegar

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 7 - Liña 12A - Liña 14

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca

A Biblioteca Municipal Ágora intégrase dentro da rede de bibliotecas municipais da Coruña e ofrece os seguintes servizos:

Espazos para nenos, novos e adultos:

  • Bebeteca, de 0 a 3 anos.
  • Zona infantil que se divide en dous tramos de idade con espazos diferenciados: de 0 a 8 anos e de 9 a 14 anos. Centro de interese SOS Nais e Pais, que reúne unha selección de recursos para orientar ás familias nas diferentes etapas do crecemento dos fillos.
  • Zona xuvenil.
  • Zona de adultos.
  • Préstamo de documentos, tanto a socios individuais como socios colectivos (entidades): libros de ficción e de materias, películas, documentais, cds de música, etc.
  • Internet e ofimática. Acceso a internet con equipo portátil propio mediante wifi ou ben utilizando os computadores de uso público que hai na biblioteca.
  • Visionado de películas e audición .
  • Lectura de xornais e revistas.
  • Reserva de aulas a grupos, para a realización de traballos en grupo ou reunións.
  • Actividades de promoción da lectura para todas as idades, cursos, charlas, visitas á biblioteca, talleres, etc.
  • Servizo de atención tecnolóxica
  • Escáner.
  • Voluntariado: cos seguintes programas Préstamo no fogar, Lectura en voz alta, alfabetización de adultos...

Máis información

A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1700 metros cadrados.

Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dá servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).

A Biblioteca atópase dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto dos veciños da súa zona de influencia.

O blogue SumaÁgora dá voz a identidade, memoria, espazos, persoas e futuro do barrio.

Actividades relacionadas

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, ás 17.00 h

    Cando:

    06/04/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, ás 18.30 h

    Cando:

    06/04/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana, ás 17.00 h

    Cando:

    07/04/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión