2 de outubro de 2025
Para maiores de 16 anos que se acheguen por primeira vez ao galego
Con inscrición a través de correo electrónico
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística, está adherido á Rede de Dinamización da Lingua, da Xunta de Galicia.
A través da Secretaría Xeral da Lingua, no Concello da Coruña organizaranse no outono tres cursos de achegamento á lingua galega, co fin de favorecer un maior emprego do noso idioma propio e poñer en valor as accións para prestixiar e atraer a xente cara ao galego, especialmente as dirixidas ao alto número de persoas provenientes do exterior.
Neste outono realizaranse tres cursos, un en outubro polas mañás e outros dous en novembro polas tardes. Son gratuítos.
Os cursos realizaranse en modalidade presencial e terán unha duración de 20 horas, tras as que se entregará un diploma que emite a propia Xunta de Galicia.
O alumnado contará con material didáctico.
O prazo de inscrición manterase aberto ata que se cubran as prazas por orde de solicitude (15 en outubro e 20 en novembro).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible